Recoméndase os envíos dos traballos
telematicamente e de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a
impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. Segundo
se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia, polo
que o alumando debe telo en conta á hora de realizar os distintos traballos/actividades. Ademais,
dado que nesta materia as propostas educativas baséanse no DUA (deseño universal
para a aprendizaxe) para responder ante a diversidade dende unha perspectiva
inclusiva, deberase incorporar dito deseño nos distintos traballos/actividades
que realice o alumnado. |