Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía | Código | 652602E1I2 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 2 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Discusión dirixida | A25 A26 A28 C6 C8 | Actividade a realizar de xeito individual sobre os traballos realizados e as metodoloxías empregadas. Servirá como retroalimentación das aprendizaxes. Valorarase o coñecemento acadado, así coma as reflexións feitas sobre o propio traballo e o dos compañeiros/as. |
30 |
Traballos tutelados | A23 A25 A26 A28 C3 | Traballos grupais realizados polo alumnado sobre temas referidos a proxectos de innovación educativa. Realizaranse en pequenos grupos de 3 ou 4 estudantes, segundo as características do grupo-clase correspondente. Cada grupo de traballo responsabilizarase dun dos temas suxeridos pola/polo docente. Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son: - Contemplar significativamente os apartados especificados pola/polo docente. - Integrar significativamente as TIC. - Integrar significativamente a Educación Ambiental. - Estar tutorizado pola/polo docente, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD. As tutorías levaranse a cabo no horario de tutorías da/do docente. - Empregar o currículo vixente. - Cumplir coa extensión e formato especificados pola/polo docente, incluíndo a portada e índice. - Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual. - Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondiente citación, no traballo tutelado, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/ - As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Máster Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento". A entrega do traballo fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria da materia). |
40 |
Foro virtual | A26 C3 C6 C8 | Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso. Valorarase o contido das achegas feitas. Ditas achegas teñen que facerse seguindo as instrucións suxeridas pola/polo docente. |
10 |
Presentación oral | A28 C6 | Exposición por parte de cada grupo do traballo tutelado realizado na materia. A duración máxima da presentación oral son 20 minutos. Todos os membros do grupo deben participar de xeito equilibrado na exposición. |
20 |
Observacións avaliación | |||
A Se O O |