Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Formación profesional e mercado laboral | Código | 652606611 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A18 A34 C6 | O alumnado elaborará un itinerario formativo e laboral basándose nun caso práctico, no que terá que incorporar as aprendizaxes adquiridas ao longo dos exercicios realizados na clase, entre os que se atopana a perspectiva de xénero e o estudo do mercado laboral | 30 |
Portafolios do alumno | A16 A17 A18 A31 A34 C3 C4 C7 | O portafolio estará formado polos traballos realizados na clase e que están relacionados co estudo de caso, así como un informe final das aprendizaxes adquiridas no que se reflictirá: Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín/ en que seguir formándome); Relación/vinculación das aprendizaxes realizadas coas distintas materias cursadas no máster; Aspectos da materia para observar no Practicum; Reflexións sobre o traballo en grupo (estudo de caso) e aprendizaxes realizadas, avaliando o funcionamento do grupo e aos seus participantes; Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar | 30 |
Proba de ensaio | A16 A17 A18 A29 C4 C7 | O alumnado desenvolverá un ensaio sobre os contidos teóricos abordados na materia. | 40 |
Observacións avaliación | |||
ASISTENCIA
A asistencia ás aulas é obrigatoria. A asistencia xustifícase en base a que nas clases se realizan actividades necesarias para aprobar a materia. Aquelas persoas con dispensa académica solicitarán unha titoría, antes do inicio da materia, para establecer o réxime de asistencia as actividades a realizar, o sistema de avaliación, e o proceso de supervisión e seguimento. O alumnado con dispensa académica terá que asistir como mínimo ao 50% das aulas (14 horas de 28) . O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado na clase. O alumnado que non asistan ó 80% das horas de clase terá unha cualificación de non presentado. O alumnado que non presente todos os traballos da materia terá unha cualificación de non presentado. REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA A cualificación final será o resultado da puntuación obtida nas tres actividades de avaliación, sendo indispensable para superar a materia obter a metade da cualificación en cada unha delas. Se non se acada o 80% da asistencia e/ou non realiza unha das tres actividades a cualificación será de NP. Na segunda oportunidade realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula. A corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames é unha condición imprescindible para superar a materia. PLAXIO O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso. No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".. FALSIFICACIÓN DA SINATURA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua. NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf |