Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Recursos Tecnolóxicos para a Educación Musical | Código | 652610A12 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe servizo | A15 A16 A17 A19 A21 A22 A23 A25 A26 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 | Deberá entregarse a actividade proposta en calquera dos formatos dixitais estudados na materia, dependendo das especificidades contidas no proxecto global. Como é unha participación directa, valoraranse os seguintes aspectos: 1. Adecuación ao proxecto 2. Elección dos recursos e das ferramentas dixitais idóneas 3. Calidade na produción sonora As modalidades poderán ser, entre outras: · Arranxos musicais · Musicación de textos literarios · Composición de música incidental · Foley · Paisaxe sonora Os traballos poderán ser entregados de forma individual ou colectiva. |
20 |
Portafolios do alumno | A15 A21 A23 A25 C2 C3 C6 C7 | O portafolio será elaborado individualmente e recollerá as actividades realizadas durante o curso. O documento conterá texto, exemplos gráficos e arquivos de audio (mp3 ou MIDI), que serán entregados para a súa avaliación integramente en formato dixital. Os criterios de avaliación contemplarán os seguintes aspectos: • Estrutura formal. • Claridade nas formulacións. • Calidade dos gráficos e os exemplos auditivos. • Coherencia cos obxectivos e os contidos propios da materia. |
60 |
Obradoiro | A16 A21 A22 A23 A25 A26 C2 C3 C4 C6 C7 | Valorarase a participación individual ou colectiva nas distintas actividades que se indiquen. | 20 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, do mesmo xeito que o que non alcance un 80% de asistencia ás sesións presenciais, será avaliado mediante os apartados establecidos de forma xeral, o que terá unha ponderación do 40% esixíndose, en cada un dos apartados, unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10. Neste caso, ademais, deberá realizar unha proba individual que terá unha ponderación do 60%. Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida. Farase especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos, elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos. Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista. |