Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A25 A26 A27 A28 A30 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Fundamentación curricular da proposta de Aprendizaxe e Servizo (ApS) na materia "Deseño e Desenvolvemento Curricular na Educación Musical: os Fins e os Contidos do Curriculum" (Prfa. Rocío Chao):
- A súa avaliación levase a cabo a través da Unidade Didáctica.
- A falta de asistencia durante a fundamentación curricular da proposta de Aprendizaxe e Servizo (alumnado con dispensa académica) será paliada a través dun breve traballo escrito acerca da viabilidade curricular do aprendizaxe-servizo.
10
Análise de fontes documentais A17 A18 A19 A24 A26 A28 Análise do currículum de educación secundaria (Prf. Vicente Castro):
- Entrega por escrito a través da aula virtual (moodle).
- Efectuarase unha única entrega por grupo de traballo.
30
Traballos tutelados A21 A25 C3 C8 Desenvolvemento dunha Unidade Didáctica en grupos de traballo (Prfa. Rocío Chao):
- Entrega por escrito a través da aula virtual (moodle).
- Efectuarase unha única entrega por grupo de traballo.
30
Presentación oral C1 C2 C3 Exposición do mapa conceptual (Prf. Aurelio Chao):
- Entrega por escrito a través da aula virtual (moodle).
- Efectuarase unha única entrega por grupo de traballo.
- Valorarase independentemente a exposición de cada un dos membros do grupo.
10
Mapa conceptual A16 A18 A19 A20 A21 A25 C7 Desenvolvemento do mapa conceptual (Prf. Aurelio Chao):
- Entrega por escrito a través da aula virtual (moodle).
- Efectuarase unha única entrega por grupo de traballo.
20
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura é necesario aprobar cada un
dos apartados anteriores. No caso contrario non se fai media.
A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as) entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo realizado.Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha proba individual. Neste caso, a avaliación será un 60% e o traballo terá unha ponderación do 40%, esixíndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10.



















Como
consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como
unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número
de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida.

No caso
no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de
avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta
materia, se algún dos docentes detecta plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na
cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica
para a toma de medidas oportunas.

Farase
especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e
sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente,
e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir
borradores.

Débese
facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos
empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de
plástico na entrega dos mesmos.

Evitaráse
a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.