Proba obxectiva |
Probas escritas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúen un instrumento de medida que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
As probas obxectivas poden combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se poden construir cun só tipo dalgunha destas preguntas. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada con diverso material impreso (artigos, apuntes, capítulos, noticias, etc.) deixado pola profesora no servizo de reprografía da Facultade de Ciencias da Educación e que terá que recoller o alumnado da materia de Socioloxía da Educación do Grao de Educación Infantil, para que a través do seu estudo e traballo, resumen e resolución e/ou entrega das actividades formuladas ao alumnado poida éste acadar os coñecementos da materia, apoiando deste xeito as explicacións das sesións maxistrais e facilitando as aprendizaxes.
|
Obradoiro |
Aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través do que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente teorico-prácticas sobre temas específicos, co apoio e supervisión do profesorado. |
Glosario |
Explicación e constextualización dun conxunto de termos ou conceptos propios dun material especializado para facilitar a súa comprensión |