Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A32 A33 A36 A38 A40 A41 B5 B6 B10 B11 B12 B17 B18 B25 C1 Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus compañeiros 40
Proba mixta A15 A33 A36 A38 A39 B10 C1 Realizarase ao rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo (conceptuais, procedimentais) desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e criticamente, etc. 50
Aprendizaxe colaborativa A32 A33 A36 A38 A39 A40 A41 B1 B2 B3 B5 B6 B10 B11 B12 B13 B16 B17 B18 B25 C1 C3 C4 C8 Valorarase a participación activa, interese, actitude positiva, etc. nas tarefas realizadas nas sesións programadas (seminarios e prácticas de laboratorio) e/ou a calidade e orixinalidade nas entregas requiridas, tanto de forma grupal como individual. 10
 
Observacións avaliación

 

Primeira oportunidade (maio/xuño).



Alumnado que acude ao 80%
das sesións 
interactivas:

A cualificación final será consecuencia dos
resultados obtidos nos seguintes apartados:

  • Sesións
    interactivas
     (actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa
    asistencia é obrigatoria e son non recuperables. A cualificación deste
    apartado está condicionada á participación activa do
    alumnado nas sesións programadas (seminarios e prácticas de laboratorio)
    e/ou á calidade e orixinalidade nas entregas, tanto de forma grupal como
    individual, requiridas polos docentes. Supón un 10% da cualificación
    final
  • Traballos
    tutelados
    .
    Realizaranse, obrigatoriamente, dúas actividades academicamente dirixidas
    (AAD), en pequenos grupos (3/4 alumnos). Os traballos serán entregados a
    través do campus virtual, as características e datas de entrega serán
    comunicadas as primeiras semanas de clase. Presentaranse e se entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa avaliación; de non facelo, a
    cualificación será de 0. Non serán avaliados aqueles traballos
    entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo electrónico.  A cualificación deste apartado será a
    media das cualificacións obtidas en cada traballo. Supón un 40 % da
    cualificación final.
  • Proba
    individual global 
    de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os
    contidos das expositivas e as interactivas (seminarios e prácticas de
    laboratorio). Realizarase na data establecida no calendario oficial da
    Facultade. Supón un 50 % da cualificación final.

Segundo o establecido no artigo 12º da “Normas
de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e
mestrado universitario” na UDC (29/06/2017), referente á solicitude de
realización de probas de avaliación en datas distintas da ordinaria,  cabe destacar que  só refírese ás probas que
se realicen no período de avaliación establecido polo calendario académico,
polo que quedan expresamente excluídas as probas de avaliación continua que se
realicen fora do devandito período. Por este motivo, non se aceptarán
documentos de ningún tipo para xustificar a non asistencia ás sesións
interactivas e/ou ás sesións de seguimento / presentación dos traballos
tutelado.

Para obter unha cualificación de aprobado, é
imprescindible ter unha media de polo menos 5 sobre 10 tanto en cada un dos apartados (sesións interactivas, traballos
tutelados e proba individual). A cualificación total farase en base á media
ponderada de cada un dos apartados. O alumnado que non acade o aprobado
nalgunha das partes, a súa cualificación da materia corresponderá á parte
suspensa.

Tanto o alumnado que non
acude ao 80% das sesións interactivas, como o que ten recoñecemento
de dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime
da asistencia a clase segundo o establecido na "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC
(29/05/2012):

Deberán poñelo en coñecemento do profesorado na primeira semana de clase.

A cualificación final será consecuencia dos
resultados obtidos nos seguintes apartados: 

  • Traballos
    tutelados.
     Realizaranse, obrigatoriamente, dúas actividades academicamente
    dirixidas (AAD), individualmente. Os traballos serán entregados a través
    do campus virtual, as características e datas de entrega serán comunicadas
    as primeiras semanas de clase.  Presentaranse
    virtualmente e se entregará un traballo en relación a cada AAD para a súa
    avaliación; de non facelo, a cualificación será de 0. Non serán avaliados
    aqueles traballos entregados fóra de prazo nin entregas a través do correo
    electrónico.  A cualificación deste apartado será a media das
    cualificacións obtidas en cada traballo. Supón un 20 % da cualificación
    final.
  • Proba
    individual global 
    de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os
    contidos das expositivas e as interactivas. Realizarase na data
    establecida no calendario oficial da Facultade. Supón un 80 % da
    cualificación final. 

Segunda oportunidade (xullo)

A avaliación farase do mesmo xeito que na oportunidade
de maio/xuño, téndose que recuperar unicamente os apartados que se teñan suspensos (tarefas das sesión
interactivas- sempre que as teña suspensas, pero alcanzase o 80% de presencialidade-, traballos tutelados e/ou proba escrita individual).

Tanto no caso dos asistentes ao 80% das
sesións interactivas, o alumnado que non acuda ao 80% das sesións interactivas
ou con dispensa académica, a cualificación final será en base á media ponderada
das cualificacións obtidas nas tarefas, traballos tutelados e a proba escrita,
sendo imprescindible acadar como mínimo un 5 sobre 10 en cada parte. A
cualificación de suspenso corresponderá á parte non superada.

NOTAS XERAIS A AMBAS
OPORTUNIDADES:

  • A
    cualificación de sesións interactivas e traballos tutelados só se gardarán
    durante un curso académico.
  • É
    primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación
    e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como
    condición imprescindible para superar a materia.
  • No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación
    será motivo de suspenso da materia, segundo o establecido no artigo 14. 4.
    Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
    grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
    utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
    internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso
    do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
    actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
    puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".