Análise de fontes documentais |
A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas temáticas do programa e no coñecemento de recursos para o deseño do programa de orientación ocupacional. Nesta metodoloxía diferéncianse dous momentos e dúas modalidades de traballo, que se relacionan coas fases da clase invertida:
a) Fóra da aula, traballo individual (lectura e/ou visionado dos documentos e/ou recursos audiovisuais.
b) Nas aulas interactivas, posta en común e traballo grupal no deseño dos distintos apartados do programa de acción socioeducativa (PAS).
|
Presentación oral |
Consiste na presentación e defensa no grupo clase do PAS. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. |
Aprendizaxe colaborativa |
A aprendizaxe colaborativa ten un carácter transversal na medida en que está presente na maioría das "metodoloxías" descritas, principalmente no traballo tutelado.
|
Traballos tutelados |
Consiste no deseño dun programa de acción socioeducativa (PAS) para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, atendendo ós requerimentos dunha convocatoria pública simulada. É unha proposta interdisciplinaria na que participa a materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. O produto é o deseño dun programa de acción socio-educativa para a inclusión social e laboral (PAS) no que se integran as achegas das dúas materias. O produto principal para a materia de orientaciòn ocupacional é o deseño dun programa de orientaciòn ocupacional. Esta tarefa é grupal e nela converxen a aprendizaxe colaborativa e a análise documental. |