Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

- De realizarse en papel: 

  • Non se empregarán plásticos
  • Realizaranse impresións a dobre cara. 
  • Empregarase papel reciclado.
  • Evitarase a realización de borradores. 

2.- O docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

3.- O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.