Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase a través de Moodle de modo asíncrono. Facilitarase ó estudantado os contidos de cada uns dos temas en formato pdf e en formato de arquivo audiovisual para o su estudo de modo autónomo. Poderanse introducir algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Realizaranse traballos tutelados relacionados co contido da materia e a presentación oral de aqueles que sinale o profesor.
Proba mixta O exame, que o alumando online deberá realizar de modo presencial, incluirá problemas prácticos e preguntas teóricas obxectivas/subexctivas (preguntas de resposta verdadeiro-falso e/ou preguntas de resposta si-non, e/ou preguntas de resposta curta, e/ou preguntas de resposta longa, e/ou preguntas sobre o estudo de casos) relacionadas coa materia.