Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun ou varios traballos tutelados relacionados cos bloques de contidos da materia. Valorarase: o axuste da presentación escrita ás instrucións; a calidade formal da presentación escrita; a calidade e creatividade dos contidos da presentación escrita; a amplitude e pertinencia das fontes de información empregadas.

Presentación oral de traballos tutelados. Valorarase: o axuste da presentación ás instruccións, a calidade e creatividade dos contidos da presentación, a amplitude e pertinencia das fontes de información empregadas.

Cando se programen traballos tutelados a realizar en grupo, establécese un máximo de 5 estudantes participantes por grupo.

Cando se programen presentacións orais, estas non poderán superar o máximo de 20 minutos para cada trabajo tutelado e realizaranse mediante a etrega ó profesor dun vídeo pre-gravado.

A entrega da parte escrita de traballos tutelados realizarase vía moodle.
40
Proba mixta A3 A5 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A32 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Consistirá na realización, na data oficialmente establecida, duha proba mixta escrita que recolla os contidos teóricos e prácticos dos diversos bloques temáticos da materia.

Criterios de avaliación: coñecemento dos contidos teóricos, capacidade para aplicar os contidos teóricos a casos prácticos, nivel de consecución das competencias incluídas no programa da materia, capacidade de análise e síntese, extensión e precisión do vocabulario, corrección estilística e gramatical.
60
 
Observacións avaliación

As clases do grado online realizaranse de xeito asíncrono. Para isto o profesor engadirá todo o material necesario en Moodle. O alumnado do grao online deberá visualizar semanalmente as clases maxistrais e interactivas gravadas e consultar os materiais engadidos na plataforma Moodle; reservándose os horarios asignados a esta materia e establecidos no calendario escolar para aclarar todas posibles dúbidas ou consultas sobre a materia e para tutorizar os traballos a realizar; sempre suxeito a solicitude por parte do alumnado.

Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación, incluindo a convocatoria adiantada.

A nota final da asignatura calcularase da forma seguinte:

PARTE PRÁCTICA (40%), composta de:

  • Traballos tutelados con presentación oral daqueles indicados polo profesor

PRUEBA MIXTA (60%):

  • Examen escrito presencial (tipo proba mixta) sobre os contidos de la materia

Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. Parte práctica e proba mixta.

Os criterios de puntuación dos includos na parte práctica con presentación oral daqueles indicados polo profesor e proba mixta daranse a coñecer no momento da realización dos mesmos e subministraranse xunto cos enunciados destes.

A entrega dos traballos incluidos na parte práctica realizarase exclusivamente a través da plataforma Moodle (salvo indicación ao contrario por parte do profesor) e cumplindo coa data límite de entrega establecida. Serán calificados como "non presentado" os traballos incluidos na parte práctica entregados fora de prazo ou non entregados. O feito de non acudir a unha presentación oral implicará tamén a calificación de "non presentado" dese exercicio. A efectos de cálculo da calificación final da parte práctica, a non presentación dalgunha das tarefas penalizará coa resta na nota final da parte práctica do valor atribuido á mencionada tarefa calificada como non presentada.

Se a calificación final do alumno/a en primeira oportunidade na parte práctica da materia é inferior a 2 puntos ( sobre un máximo de 4 puntos), éste/a terá que acudir á segunda oportunidade e realizar novamente a proba mixta (non se conservan as calificacións obtidas na proba mixta dunha oportunidade para outra) e ademáis terá que realizar novamente tódolos traballos incluidos na parte práctica calificados como suspensos ou non presentados (consérvanse as calificacións das tarefas aprobadas dunha oportunidade para outra). Para superar a materia en segunda oportunidade, ó igual que en primeira oportunidade, é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada una das partes obxecto de avaliación: parte práctica e proba mixta.


A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo

Os únicos utensilios cos que está permitido acceder ó recinto da proba son os básicos para contestar ó exame: lápiz, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora non programable.

Está expresamente prohibido o acceso ó recinto do examen con: a) teléfonos móbiles ou calquera outro tipo de dispositivo que permita comunicación a distancia e/ou almacenamento de información; b) apuntes, anotacións, libros ou material similar que no fose expresamente autorizado na convocatoria do examen o una páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón que se considere como realizada aproba en fraude e iso con independenciade que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os empregase ou non no curso desta.

O alumno/a deberá acreditar a súa persoalidade de acordó coa normativa vixente.

Segundo establecen as "Normas de avaliación,revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) noArt. 21.2:Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico.

Deste xeito, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación.

CONSECUENCIAS DA REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE PROBAS E/OU ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN

A realización fraudulenta de probas e/ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria.

Considerarase que se comete práctica ilícita cando un alumno/a actúa para defraudar ou tentar defraudar os sistemas de comprobación avaliación do rendemento académico así como o incumprimento das normas establecidas polo profesor para a realización de traballos.

Considéranse prácticas ilícitas, con carácter meramente enunciativo, actos como os seguintes:

  • Copia ou utilización de calquera material desautorizado incluíndo traballos de calquera outro alumno/a.
  • Cando un traballo que foi realizado por ou con outros é presentado como o traballo dunha soa persoa e tamén cando o traballo dun alumno/a é entregado en nome doutro. Se isto ocorrese co coñecemento do verdadeiro autor do traballo ambos os alumnos/as incorrerán nunha práctica ilícita.
  • Utilizar traballos doutras persoas para ser avaliados, coma se fose o traballo dun mesmo.
  • Afirmar que se realizaron entrevistas, estudos ou calquera outra forma de investigación, que en realidade non foi levada a cabo (invención ou falsificación de datos).

O plaxio, que consiste en utilizar palabras ou ideas doutras persoas e facelas aparecer como propias en calquera elemento avaliado, tamén se considera práctica ilícita. A continuación e con carácter meramente enunciativo descríbense varios exemplos de plaxio:

  • Traducir dun idioma a outro e presentar o texto como propio.
  • Usar citas de traballos publicados ou non publicados doutras persoas, tanto se foron sacados de libros de texto, artigos, páxinas web ou calquera outro formato, a non ser que tales citas aparezan claramente referenciadas e entrecomilladas.
  • Introducir nos traballos textos doutros autores coma se fosen propios (cortar e pegar de webs, parágrafos de artigos, libros, etc.)
  • Usar as palabras ou ideas doutra persoa lixeiramente modificadas ou parafraseadas para facelas parecer distintas ás orixinais.
  • Resumir as ideas, xuízos, diagramas, gráficos, cifras ou programas informáticos doutras persoas sen facer referencia ao autor no texto e á fonte na bibliografía.
  • Usar servizos de bancos de ensaios e outras axencias de documentos académicos na internet ou outros.
  • Usar, sen facer referencia a iso, material baixado da internet.
  • Volver usar materiais propios en distintos traballos ou módulos coma se fosen utilizados por primeira vez, a non ser que se obteña a autorización do departamento ou profesor do módulo.