Resumo |
A2 A5 A9 A10 B1 B4 B6 B7 C3 C4 |
En relación coa presentación oral valoraráse a claridade das opinións expostas verbo de:
1. Os temas que se especifican no programa da materia.
2. A resolución de problemas contables.
|
10 |
Proba obxectiva |
A2 A5 A9 A10 A12 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C4 C6 |
Consistirá nunha proba escrita que versará sobre aspectos teóricos e prácticos, correspondentes aos temas desenvolvidos ao longo do curso. |
50 |
Nota Final da Material: Sumatorio de todas as puntuacións. Observación de Primeira oportunidade: é necesario aprobar a Proba obxectiva con 50% da valoración total desta parte para superar a materia. En Segunda oportunidade, gardarase a nota obtida na proba de resposta breve, solución de problemas, traballos tutelados e resumos realizados polo alumnado ao longo do cuatrimestre. A esta nota sumarase a nota obtida na proba obxectiva de segunda oportunidade, que versará sobre aspectos teóricos e prácticos, correspondentes aos temas desenvolvidos ao longo do curso. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente coa Proba obxectiva, que suporá o 100% da calificación. A proba terá o mesmo contido que para o alumnado con dedicación a tempo completo. O alumnado que non se presente a Proba obxectiva, aínda que teña participado activamente das outras actividades, será calificado como NON PRESENTADO. Fóra dos previstos no regulamento, en ningún caso se cambiará a data de ningunha proba. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo
|