Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B4 B6 B7 C1 C2 C3 Terase en conta na súa valoración: a exposición (a través de Microsoft Teams), a capacidade de recompilación, a capacidade de síntese, a achega persoal, o rigor e a actualización das fontes utilizadas. Ademais do traballo individual, tratarase de fomentar o traballo en equipo, se é posible, en grupos de non máis de tres alumnos. O prazo e o modo de entrega serán de obrigado cumprimento. 40
Proba obxectiva A6 A18 A19 B1 B2 B3 A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. 60
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, a avaliación
contempla dúas opcións:

Opción A (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).-

1) Traballo tutelado en grupo 20%

2) Traballo tutelado individual 20%

3) Proba Obxectiva 60%.
A devandita Proba Obxectiva, abranguerá toda a materia e consistirá na resolución de exercicios breves, resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final se obterá da avaliación dos Traballos tutelados e da Proba Obxectiva.

No conxunto das dúas partes (40% e 60%), o alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.
Non obstante, non se considerará superada a materia, se nos Traballos tutelados non se obtén un mínimo de puntuación de 0,5 puntos sobre 2 puntos totais en cada un deles (ó 1 punto sobre 4 puntos totais, caso de esixirse un só traballo), e na Proba Obxectiva un mínimo de 2,5 puntos sobre 6 puntos totais.

 

Opción B (Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria).- Para o alumnado que non entregou os Traballos tutelados ou non chegou ao mínimo de puntos esixido neles

1) Proba Obxectiva 100%
A devandita proba obxectiva única (100%), abranguerá toda a materia e consistirá na resolución de exercicios breves, resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento.

Esta proba representará o 100% da nota final. O alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.

 

Na segunda oportunidade da Primeira Convocatoria, e nas oportunidades de ulteriores convocatorias, aplicarase o sistema de avaliación por Proba Obxectiva única (100%).

O alumnado que non se presente
á Proba Obxectiva (independentemente da convocatoria de que se trate), será
cualificado cun "NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito,
presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na
avaliación

Implicacións do plaxio"A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria
 correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida
en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".