Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión de Recursos Humanos | Código | 662G01043 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Teranse que traballar os casos prácticos, entregar e expoñer os resultados en clase, coa posterior corrección do profesor/a. |
20 |
Proba mixta | A2 A5 A6 A12 A26 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C5 C6 C7 C8 | Constará dun exame escrito obrigatorio composto dunha parte conceptual e outra de desenvolvemento ou aplicativas da materia, sendo imprescindible superar cada unha das partes |
40 |
Traballos tutelados | A2 A5 A6 A12 A13 A26 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Realización de traballos prácticos obrigatorios tutelados individuais ou en grupos reducidos de aprendizaxe colaborativa. |
40 |
Observacións avaliación | |||
1ª Oportunidade: a parte práctica de avaliación continua ten un valor dun 60%, a Os traballos tutelados son obrigatorios para a avaliación continua (60%) e o/a alumno/a terá que obter un mínimo de (5 sobre 10) para facer media co exame (40%), no cal tamén deberá obter un mínimo de (5 sobre 10). Gárdase a nota da parte práctica ou do exame para a 2ª oportunidade, no caso de ter aprobada algunha das partes. 2ª Oportunidade: no caso de ser NP ou suspenso (parte práctica de avaliación continua) na 1ª oportunidade, o/a alumno/a poderá entregar todos os traballos obrigatorios requeridos para presentarse ao exame da 2ª oportunidade. A nota da parte práctica da avaliación continua (no caso de estar aprobada) gardarase para as seguintes convocatorias de cursos sucesivos ou oportunidade adiantada, pero no caso de que os contidos ou criterios da parte práctica da evaluación continua sexan modificados na guia docente, non quedará gardada a nota, polo que o/a alumno/a deberá revisar a guia docente do curso no que se presenta ou o consultará co o/a profesor/a antes de presentarse ao exame. O alumno/a obterá a calificación de NP se non se presenta ao exame, aínda que haxa realizado os traballos da avaliación continua durante o curso (independentemente da oportunidade). Asistencia. Permitese unha dispensa de asistencia máxima dun 20%. A partires do 20% tense que xustificar por motivos de traballo, prácticas, enfermidade ou dispensa académica de exención de asistencia, de non ser así, pode quedar afectado a porcentaxe de avaliación de ambas as partes. Matrícula parcial ou dispensa académica. Ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa Disponibilidade dos idiomas en relación as probas escritas da evaluación: o exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa no outro idioma oficial da UDC, solicitaráse unha semana antes da data de realización. Implicaciones da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calqiera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48 do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica alquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11). Atención á diversidade. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo. |