Esta materia foi deseñada para dotar os futuros graduados duns coñecementos e habilidades mínimos necesarios para comprender e facerse comprender en situacións habituais da vida cotiá en países de fala alemá, así como para poder desenvolver unha conversación de temas cotiáns cunha persoa de fala alemá. Ademais proporcionaráselle ao alumnado uns coñecementos lingüísticos que lle permitan desenvolver as competencias lingüísticas mínimas (oral e escrita) para que sexan capaces de desenvolver tarefas en empresas do sector turístico con clientes de fala alemá ou outras empresas de países de fala alemá.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías