Traballos tutelados |
A5 A7 A8 A14 A15 B9 B11 B13 |
Para rematar o módulo, os alumnos deberán realizar diferentes traballos propostos polos docentes |
70 |
Implicacións do plaxio: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
1.- MODALIDADE PRESENCIAL
A puntuación dos submódulos é a seguinte: - Xestión dos Recursos Humanos 40 %
- Xestión das comunicacións e partes interesadas 60 %
1.1.-Modelo de avaliación continua: - Xestión dos Recursos Humanos: Controlarase a asistencia a clase e a participación activa nos debates e o estudo que se susciten. Aquelas persoas que falten a clase non terán a puntuación dos casos prácticos realizados na mesma. Igualmente suscitarase aos alumnos a necesidade de realizar un traballo como proba liberatoria do módulo.
- Xestión das comunicacións:
- Participación (Asistencia presencial ou compensada) ás tres sesión
- Traballo de aula: estudo de casos e actividades realizadas na clase. (35%)
- Opcional:
- Presentación dos exercicios corrixidos coas conclusións de cada caso seguindo o procedemento de presentación do traballo (10%)
- Valoración da materia,do profesor e da aprendizaxe do alumno de forma argumentada e constructiva(15%).
- Compensación faltas de asistencias: Xestión das comunicacións: Nos casos que se produza ausencia a calquera sesión interactiva presencial, ademais da presentación completa do dossier de exercicios deberá realizarse as seguintes actividades adicionais que deberán entregarse no prazo dun mes trala finalización da última sesión da materia:
- 1 falta de asistencia: Deseño dunha proba obxectiva de avaliación de 10 preguntas seguindo as pautas dispoñibles na plataforma virtual.
- 2 faltas de asistencia: Deseño dunha proba obxectiva de avaliación de 30 preguntas seguindo as pautas dispoñibles na plataforma virtual.
- 3 faltas de asistencia: Recensión e defensa sobre unha obras relacionada coa materia seguindo as pautas dispoñibles na plataforma virtual
- Procedemento de presentación dos traballos de avaliación:
- Xestión de Recursos Humanos: O traballo entregarase por email na data indicada polo profesor en clase.
- Xestión das comunicacións e partes interesadas: Se presentarán dixitalmente os exercicios resoltos realizados en clase.
- Denominación do arquivo:
- Traballo de aula: MDIP2021 A072 Apelidos e nome
- Traballos corrixidos(opcional): MDIP2021 A072 Correcciones Apelidos e nome
- Avaliación autónoma(opcional): MDIP2021 A072 AutoEval Apelidos e nome
- Entrega: Mediante plataforma Moodle UDC
- Prazo de entrega: Tres semanas trala finalización da última sesión da materia.
1.2.-Modelo Exame final: ·
- Xestión dos
RRHH: (40%) As persoas que non superen os requisitos de calidade dos
traballos ou non os presenten, deberán realizar as tareas encomendadas
polo profesorado mais unha proba obxectiva sobre a xestión dos RRHH na
convocatoria oficial de exame. - Xestión das comunicacións e partes interesadas:
(60%) As persoas que non superen os requisitos de calidade dos traballos ou que
entreguen fora de prazos contidos da avaliación, deberán realizar as tareas
encomendadas polo profesorado mais unha proba obxectiva sobre a xestión das
comunicacións e partes interesadas na convocatoria oficial de exame.
2.-MODALIDADE NON PRESENCIAL
A puntuación dos submódulos é a seguinte: - Xestión dos Recursos Humanos 40 %
- Xestión das comunicacións e partes interesadas 60 %
2.1.-Modelo de avaliación continua:
a) Preparación, entrega e/ou exposición correcta do traballo final que reflicta o dominio da materia (70%) - Xestión dos Recursos Humanos: Avaliación continua mediante a participación na contorna virtual e/ou a entrega de exercicios / problemas /comprobaciones periódicas (35%)
- Xestión das Comunicacións e das Partes Interesadas:
- Presentación de exercicios coas conclusións de cada caso seguindo o procedemento de presentación dos traballos (25%)
- Valoración da materia,do profesorado e da aprendizaxe do estudante de forma argumentada e constructiva (10%).
b) Proba obxectiva: Proba obxectiva para evaluar a comprensión do contido da materia (30%)
2.2. Modelo Exame final: - Xestión dos RRHH: (40%) As persoas que non superen os requisitos de calidade dos traballos ou non os presenten, deberán realizar as tareas encomendadas polo profesorado mais unha proba obxectiva sobre a xestión dos RRHH na convocatoria oficial de exame.
- Xestión das comunicacións e partes interesadas: (60%) As persoas que non superen os requisitos de calidade dos traballos ou que entreguen fora de prazos contidos da avaliación, deberán realizar as tareas encomendadas polo profesorado mais unha proba obxectiva sobre a xestión das comunicacións e partes interesadas na convocatoria oficial de exame.
|