Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Práctica na empresa | Código | 670471208 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
As prácticas académicas externas constitúen unha actividade académica de natureza formativa realizada polo alumnado co obxectivo de permitir aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que o preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa inserción laboral e fomenten o seu emprendemento. Consisten na realización de prácticas de carácter obrigatorio por medio dun sistema de permanencia regrada nunha empresa, nun organismo ou nunha institución administrativa, económica ou profesional, unha universidade, nun centro de investigación de carácter público ou privado, que fosen convocadas de acordo coas presentes instrucións. Tamén se poderán realizar prácticas externas en dependencias e servizos da propia Universidade da Coruña ou da Universidade de Vigo que non estean destinados á actividade docente ou investigadora. As prácticas deben necesariamente orientarse cara á elaboración dun informe sobre o seguimento da metodoloxía en dirección integrada de proxectos observada no centro de realización; a análise comparativa con metodoloxías de dirección integrada de proxectos, e a concreción de propostas de mellora como conclusión da análise. Dada a natureza formativa das prácticas académicas externas, da súa realización non se derivan, en ningún caso, obrigas propias dunha relación laboral, nin o seu contido poderá dar lugar á substitución da prestación laboral propia dun posto de traballo. | AP1 AP2 AP3 AP4 AP8 AP20 |
BP1 BP2 BP4 BP5 BP6 BP7 BP8 BP9 BP10 BP11 BP12 BP13 BP14 BP15 |
CP1 CP3 CP4 CP5 CP6 CP7 CP8 |