Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Práctica na empresa | Código | 670471208 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | As prácticas deben necesariamente orientarse cara á elaboración dun informe sobre o seguimento da metodoloxía en dirección integrada de proxectos observada no centro de realización; a análise comparativa con metodoloxías de dirección integrada de proxectos, e a concreción de propostas de mellora como conclusión da análise. 1. As prácticas teñen como obxectivo fundamental complementar a formación teórica do alumnado e facilitar a súa inserción no mundo laboral ou investigador. 2. As prácticas permitirán a asimilación por parte do alumnado da realidade institucional, empresarial ou investigadora no ámbito das súas respectivas profesións futuras por medio da consecución, en particular, dos seguintes fins: a) Formación integral do alumnado ao equilibrar a súa formación teórica e práctica. b) Adquisición da metodoloxía de traballo adecuada á realidade na que haberá de actuar tras a súa incorporación ao mundo laboral ou investigador. c) Obtención da experiencia profesional ou investigadora que facilite a inserción laboral do alumnado e mellore a súa empregabilidade. d) Desenvolvemento da capacidade de decisión e do espírito crítico no ámbito da dirección integrada de proxectos. e) Preparación do alumnado para o desenvolvemento de actividades colaborativas ou interdisciplinares |