Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O TFM será dirixido alomenos por un membro do profesorado con docencia no plan de estudos do Máster, preferentemente Doutor. Tal profesor/a será responsable de:

1. Facilitar ao alumnado as orientacións adecuadas para elaboración do TFM. Isto non implica que o director do proxecto resolva os problemas, xa que se está a examinar a capacidade do alumnado para facerlles fronte.
2. Antes da presentación para ser avaliada, o director supervisará a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e que se desenvolva de acordo coas presentes normas. Dará a súa opinión sobre cada estudante e o traballo realizado cubrindo o formulario na Secretaría Virtual dando a conformidade para que se poida presentar ante a Comisión de defensa do TFM.
3. O director dun TFM non poderá ser membro do Tribunal que o cualifique.
4. O TFM poderá ser dirixido por máis dunha persoa. Nese caso, deberá xustificarse obxectivamente este feito e deberá ser aprobado pola Comisión académica, e cando menos unha delas deberá ser un membro do profesorado que imparte docencia no plan de estudos do Título de Mestrado.
5. Se no marco dun convenio de prácticas o estudante ten que desenvolver parte do TFM ou a súa totalidade noutro organismo distinto as Universidades de Vigo e da Coruña, unha das persoas que dirixa o traballo poderá pertencer a esa entidade, co fin de que colabore na definición e o desenvolvemento do TFM, debendo sempre ser aprobado este feito pola Comisión académica.
6. No caso de que o TFM se inclúa nun contrato dun programa de mobilidade, asignarase como director do traballo o coordinador de mobilidade do centro que, utilizando o mesmo procedemento que os demais directores na Secretaría Virtual, emitirá un informe favorable á defensa cando teña coñecemento oficial da superación da proba por parte do estudante, deixando constancia de que se trata dun TFM dun programa de mobilidade. Deste xeito poderase continuar co procedemento establecido con carácter xeral: solicitude de defensa (que neste caso se entende como solicitude de incorporación da cualificación ao expediente) por parte do estudante, asignación de tribunal por parte do centro, cualificación do traballo e acta individual.