Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Topografía [En extinción] | Código | 670G01020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A7 B1 B16 | Proba Teorico - Práctica: Avaliación dos coñecementos adquiridos, mediante unha proba teórica de preguntas curtas ou de desenvolvemento. Resolución de problemas mediante a aplicación de metodoloxías topográficas. | 50 |
Traballos tutelados | A7 B4 B21 B27 B30 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Avalíase a entrega dos traballos propostos durante o curso, a análise dos datos, a solución achegada e a presentación. | 25 |
Proba práctica | A7 | Proba Práctica: Manexo da instrumentación topográfica para a obtención de datos de campo. | 25 |
Observacións avaliación | |||
Aptitude na materia: Será cualificado APTO, aquel alumno que obteña unha cualificación mínima de 50 puntos, suma da cualificación de traballos tutelados, proba práctica e proba obxectiva. Traballos tutelados: Recolleranse e puntuarán as prácticas de campo e traballos de gabinete realizadas, en grupo ou individualmente, así como os exercicios de reforzo propostos. Poderán convalidarse parcialmente ou na súa totalidade, por outros traballos ou exercicios realizados polo alumno, a criterio do profesor. A recollida dos traballos require a asistencia e participación nas clases, a condición de que sexa factible. Proba práctica: Realizaranse dúas probas prácticas para avaliar a capacidade no manexo da instrumentación e a obtención das lecturas necesarias. Igualmente poderá solicitarse a resolución gráfica ou analítica cos datos obtidos. No caso de que a situación sanitaria non permita a súa realización, substituiranse por traballos tutelados. Proba obxectiva: O alumno demostrará os seus coñecementos teóricos describindo a metodoloxía ou a aplicación topográfica sobre a que se formulen as preguntas. Unha serie de problemas topográficos deberá resolver gráfica e analiticamente, na que se permitirá o manexo de computadores e documentación técnica. |