Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento | Código | 710G03005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Solución de problemas | Resolución de problemas de natureza teórica e práctica. |
Prácticas a través de TIC | Resolución de problemas prácticos mediante ordenador. |
Traballos tutelados | Realización dun traballo en grupo e presentación final do mesmo. O contido e características deste traballo daranse a coñecer ao alumnado ao finalizar o primero cuadrimestre. |
Proba mixta | Exame parcial e exame final, que poderán combinar diferente tipoloxía de preguntas (preguntas de resposta breve, preguntas de ensaio, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test). |
Seminario | Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible. |
Estudo de casos | Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo. |
Discusión dirixida | Mediante esta dinámica abordaranse diferentes temáticas enfocadas a que o alumnado reflexione sobre diferentes aspectos da materia e adopte unha posición crítica. |
Foro virtual | Existirán dous foros virtuais, a saber: - Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates e a participación nestes. - Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades. |
Presentación oral | Presentación oral, de forma individual ou en grupo, de traballos realizados na aula ou de estudos de casos que deberán entregarse por escrito. |
Lecturas | Lecturas sobre diferentes temáticas para abordar e/ou profundar nas cuestións abordadas na aula. |
Sesión maxistral | Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. |