Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | FUNDAMENTOS DA ELECTRICIDADE | Código | 730G03012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A10 | A proba de carácter oficial consistirá nun exame final | 80 |
Prácticas de laboratorio | A10 B2 B3 B5 B7 C1 C5 | Para a avaliación das Prácticas de laboratorio entran en xogo os conceptos seguintes: 1.- asistencia ás prácticas programadas 2.- cualificación obtida nas probas tras a realización das prácticas 3.- cualificación obtida en exame final |
20 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación obtida en cada unha das metodoloxías avaliables e, por extensión, en cada unha das probas ou actividades nas que se dividen estas, consistirá nunha nota numérica que vai de 0 a 10 puntos. A cualificación final da materia obterase como suma ponderada da nota obtida en cada unha das metodoloxías avaliables, resultando nun valor numérico sobre un máximo de 10 puntos. cualificación final = cualificación Proba mixta (80%) + cualificación Prácticas de laboratorio (20%) O aprobado da materia establécese en 5 puntos e está condicionado polo aprobado de todas e cada unha das metodoloxías avaliables e de cada unha das probas ou actividades en que estas puidesen dividirse. Puidese darse o caso no que, aínda cando un alumno suspendese algunha das metodoloxías avaliables, a suma ponderada das notas de todas elas lanzase unha cualificación maior ou igual a 5. Nestes casos, a nota que se consignará na acta da convocatoria en curso será de 4,5 puntos. Baixo ningún concepto poderase aprobar a materia sen superar con éxito a Proba mixta. Observacións á avaliación da Proba mixta A actividade avaliable principal e única necesaria para aprobar a Proba mixta é o exame final. É dicir, a nota máxima obtida neste exame supón un 10 na Proba mixta. Con todo, o profesor poderá propoñer actividades que permitan ao alumno mellorar a súa cualificación. Estas actividades serán de carácter voluntario. No caso de que a suma da cualificación obtida no exame final e as obtidas nas distintas actividades propostas sexa superior a 10 puntos, a cualificación da Proba mixta será de 10 puntos. A mera asistencia a clase non é obrigatoria para a superación da materia e tampouco supón ningún tipo de recompensa en termos de cualificación final da materia. O profesor da materia non levará un control de asistencia ás clases máis aló do que estime necesario para coñecer o nome dos alumnos. Observacións á avaliación das Prácticas de laboratorio A forma de cualificar as Prácticas de laboratorio nas distintas convocatorias é a seguinte:
Os alumnos repetidores quedan eximidos da asistencia ás prácticas a condición de que asistisen á totalidade das prácticas no curso inmediatamente anterior. É dicir, a nota da apartado "Asistencia ás prácticas" se garda unicamente un curso académico Convocatoria de segunda oportunidade Salvo as diferenzas indicadas anteriormente na forma de avaliar a parte de Prácticas de laboratorio, os criterios de avaliación para a convocatoria de segunda oportunidade serán os mesmos que os empregados para a convocatoria de primeira oportunidade. Convocatoria adiantada Os criterios de avaliación para a convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os empregados para a convocatoria de segunda oportunidade do curso anterior. Dispensa académica Os procedementos de avaliación descritos son aplicables a todos os alumnos, teñan ou non dispensa académica. |