Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | ESTRUTURAS | Código | 730G03021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A24 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 | Os traballos tutelados resoltos de xeito individual ou colectivo, avaliaránse en función do traballo realizado polo alumno. Serán levados a cabo nas horas asignadas para tal fin, e o profesor asignará unha nota según o grao de coñecemento e aprendizaxe que mostre o alumno. Ademáis, valorarase a calidade dos traballos entregados, tanto no seu aspecto técnico, como formal. A nota obtida nos traballos tutelados sumarase á obtida na proba mixta, sempre e cando o/a alumno/a acade nesta proba mixta unha nota igual ou superior a 3 puntos sobre 7. Para poder presentar os traballos tutelados será preciso asistir ás clases, salvo causa debidamente xustificada, con unha asistencia igual ou superior a o 80%. Os alumnos repetidores poden optar a principio de curso a manter a nota do curso anterior correspondente a os traballos tutelados, e quedar exentos da asistencia ás clases (esta posibilidade só se aplica no curso seguinte á obtención da nota dos traballos). A nota dos traballos tutelados conservase para a convocatoria de xullo correspondente á segunda oportunidade. Aqueles alumnos que non entregaran os traballos tutelados na primeira oportunidade non terán oportunidade de facelo na segunda, e polo tanto a nota final estará constituida únicamente pola nota da proba mixta. |
30 |
Proba mixta | A24 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 | Esta proba consiste nun exame onde o alumno resolverá os problemas plantexados polo profesor. É preciso acadar unha nota igual ou superior a 2.5 puntos sobre 7 nesta proba mixta para poder sumar a nota obtida nos traballos tutelados. |
70 |
Observacións avaliación | |||
Os traballos tutelados resoltos de xeito Para poder presentar os traballos A realización fraudulenta (plaxio, copia, A nota da convocatoria adiantada Os alumnos con dispensa académica ou a |