Prácticas a través de TIC |
Prácticas con soporte informático, aplicadas a ciencias da saúde |
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas: exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, deseño de proxectos, probas de coñecementos, etc |
Proba obxectiva |
Probas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe en diferentes momentos do proceso formativo. Pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |