Sesión maxistral |
Exposición oral presencial e con medios audiovisuais dos temas que compoñen o programa da asignatura.
Todo o contido das sesións expositivas estará dispoñible en temas en formato pdf no apartado correspondente da plataforma Moodle. |
Obradoiro |
Ao finalizar cada un dos bloques temáticos da materia realizaranse seminarios presenciais nos que se profundará, debaterá e traballará nos diferentes temas expostos nas sesión maxistral. Os estudantes realizarán diferentes actividades indicadas polo profesor: procuras de información, traballos en grupo, preguntas, casos clínicos, exposicións orais ou escritas, etc. Todas estas tarefas entregaranse a través da plataforma Moodle no seu apartado correspondente. |
Proba de resposta múltiple |
50 preguntas con 5 respostas das cales só unha é correcta. Non se aplica factor de corrección por respostas non acertadas.
Realizarase de forma presencial segundo o calendario oficial de exames da facultade. |