Solución de problemas |
A partires de un problema enfermeiro identificado en un grupo de persoas de características similares que viven nun centro sociosanitario, os alumnos deben ser capaces de describir o problema de saúde que presentan, os factores determinantes do mesmo, mapear os recursos que posúen e atopar unha solución creativa e innovadora, científicamente avalada e socialmente aceptable, para respostar profesional e científicamente para resolvelo. Deseñarán para elo un proceso de coidados innovador coa metodoloxía que se lles proporcionará durante o curso para tal fin.
|
Seminario |
Realizaranse varios seminarios obrigatorios no ámbito da saúde mental. Seminarios sobre a práctica narrativa en contextos de saúde e enfermidade a través de textos literarios. Neles traballarase a capacidade de escoitar e apreciar o relato do paciente como unha destreza transversal cuxo desenvolvo permítalle explorar a historia do paciente a través do dialogo, activando a atención, a curiosidade.
No eido sociosanitario realizaranse dous seminarios tamén obrigatorios, o primeiro "Encher de vida os anos das persoas que viven nun centro sociosanitario" e o segundo "Acompañar e soster a fin da vida con dignidade nun centro sociosanitario".
|
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas nos diferentes ámbitos.
Sesión na aula, se explica e aclaran todoslos aspectos necesarios para o desenvolvemento adecuado da práctica clínica nos tres ámbitos da Estancia Clínica.
Especificaránse traballos a entregar, datas de entrega, datas de comenzo da practica clínica e fichas de avaliación, normativa das Practicas Clínicas, accidentes biolóxicos....
|
Prácticas clínicas |
O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que o alumnado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma |