OBXECTIVOS DE DESENVOLVIMENTO
SOSTIBLE: Para axudar a conseguir unha contorna
inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e
investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de
Acción Green Campus Ferrol":
- A entrega dos traballos documentais que se realicen
nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se
empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase
papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a
prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a
importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.
PLAXIO: Na
realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da
súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con
suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |