Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticum 1 [a extinquir] | Código | 750G02033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Observacións avaliación | |||
Matrícula de Honra: A cualificación de Repetición de Prácticum I: Non superar o requisito Non presentado: A Alumnado de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación do alumnado de mobilidade realizarase só pola avaliación continua nos rotarorios. No caso de suspenso na mesma, poderán superar a materia superando as probas prácticas do rotatorio suspenso. Mentores ERASMUS e Bilateral: Ao comezo da materia proporase a todo o alumnado a posibilidade de, voluntariamente, participar como mentores/as do alumnado. De se presentar máis voluntarios/as dos necesarios, farase una selección pola nota do expediente académico, tendo en conta, de ser o caso, a certificación oficial de coñecemento do idioma do alumnado de mobilidade (segundo o nivel del coñecemento do idioma engadirase a nota do expediente de 0,5 a 3 puntos). A participación como mentor sumará ata 0,5 puntos á cualificación final da materia do alumnado mentor. PLAXIO. Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. RECUPERACIÓN DE HORAS DE PRÁCTICUM I POR AUSENCIA JUSTIFICADA. Todo o alumnado matriculado na materia de Prácticum I poderá optar á recuperación de horas en período non lectivo cando se dean as seguintes circunstancias: a. O número de horas das faltas de asistencia acumuladas superen o número de horas de ausencia xustificadas non penalizadas prevista na guía docente (3 xornadas de prácticas ou o seu equivalente en horas: 12 horas). As horas de ausencia contabilizaranse tanto de días completos de ausencia (4 horas por día) como de ausencias parciais durante un día de prácticas (computo da diferenza de tempo entre a hora de entrada e a de saída). b. A causa da superación do límite de horas de ausencias xustificadas prevista na guía docente atópese incluída nalgún dos seguintes supostos de ausencia: i. Alumno/a de intercambio nos programas ERASMUS / SICUE ii. Alumno/a con consideración de deportista de elite /alto nivel (con certificación acreditada) iii. Ausencias por enfermidade que impida a asistencia ás prácticas clínicas, acudir a tratamentos, etc. En calquera destes supostos, requirirase informe médico. iv. Ausencias xustificadas contempladas na normativa académica da UDC como asistencia a reunións de órganos colexiados da UDC como representantes dos estudantes; cumprimento dun deber inescusable; etc. v. Ausencias que non se axusten aos apartados anteriores (como asistencia a cursos, xornadas ou congresos de formación de interese podológico). e que, tras ser avaliadas polo coordinador/a de a materia, poidan obter un informe favorable unha vez consultado o claustro de profesorado con docencia no Prácticum I. Durante o curso vixente, as datas de recuperación de prácticas do período non lectivo estableceranse de maneira consensuada co alumnado, atendendo á dispoñibilidade dos horarios do profesorado e da Clínica Universitaria de Podoloxía. De existir situacións de ausencia que non estean incluídas nos supostos recollidas no apartado b) e/ou que sexan motivo de controversia por non recibir un informe favorable para o seu cómputo como ausencias xustificadas, serán trasladadas, baixo petición do interesado/a, á Comisión de Docencia da Facultade de Enfermería e Podoloxía para a súa resolución. |