Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticum 2 [a extinguir] | Código | 750G02034 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | ||||||||||||||||||||||||||||
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente | |||
|
Materias que continúan o temario | |
|
Observacións | |
<p>O Prácticum consiste na aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais. Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao así como os impartidos simultaneamente no primeiro cuadrimestre do 4º curso de grao, son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno que cursa a materia de Prácticum II, a efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias, formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do Plan de Acción Green Campus Ferrol. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas. A fin de facilitar a conciliación familiar do profesorado do Practicum 2 aqueles docentes que así o estimen, poderán acordar cos alumnos/as que correspondan en cada rotación o troco de hora de inicio y fin de la práctica notificándoo ó persoal da CUP. Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.</p> |