RECOMENDACIÓN DE IGUALDADE DE
XÉNERO E NON-DISCRIMINACIÓN: Atendendo ás
distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia
terase en conta a perspectiva de xénero, velando pola non utilización dunha
linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas
actividades docentes realizadas co alumnado. - Traballarase para identificar
e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo no
contorno para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención
en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse
accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena
integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso
á vida universitaria.
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO
SUSTENIBLE: Para axudar a conseguir un
contorno inmediato sustenble e cumprir co obxectivo da acción número 5:
"Docencia e investigación saudable e sustenble ambiental e social" do
"Plan de Acción Green Campus Ferrol": - A entrega dos traballos
documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en
formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizarse en papel:
non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase
papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sustenible
dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo
en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sustenbilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
|