Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Farmacoloxía | Código | 750G02109 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A75 | A evaluación dos problemas realizarase mediante un test de 10 problemas no campus virtual unha vez finalizados os seminarios de problemas. | 5 |
Proba de resposta múltiple | A75 A76 B24 B30 | O alumno deberá realizar unha proba de 50 preguntas tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Cada 3 preguntas incorrectas desconta o valor dunha pregunta correcta. Para aprobar a asignatura é necesario ter 25 preguntas correctas unha vez aplicado o criterio de penalización. É necesario obter un aprobado no exame para poder aprobar a materia. As respostas serán evaluadas únicamente na plantilla de respostas do examen. | 70 |
Obradoiro | A75 A76 B24 B25 B30 B36 C16 | Avaliarase en función da participación do alunmno e realización das actividades a realizar nos seminarios. Na proba de opción múltiple, incluirase 5 preguntas da materia que se vexan nos obradoiros. | 25 |
Observacións avaliación | |||
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións:0-4.9=Suspenso,5-6.9=Aprobado,7-8.9=Notable,9-10=Sobresaliente,9-10 Matrícula de Honra (Graciable). Outorgarase Matrícula de Honra Graciable, ao alumno coa maior puntuación global sempre que sexa maior de 9. No caso de que o número de matrículas que se poidan outorgar sexa menor que o número de alumnos coa maior puntuación global, outorgarase matricula de honra a aqueles alumnos coa maior nota no exame. Se continua sendo menor o número de matriculas de honra que se poden outorgar terase en conta a nota dos talleres nos que se realizaban presentacións orais. É necesario obter o 70% das respostar correctas na proba de resposta múltiple para que se poda sumar o porcentaxe de obradoiro e solución de problemas. É dicir, é necesario ter 35 preguntas correctas de 50. No caso de que se elimine algunha pregunta, o aprobado corresponde ao 70% das respostas correctas. Se o alumno non alcanza o 70% das respostas correctas na proba de resposta múltiple, a nota final da asignatura será a da proba de resposta múltiple. Alumnos con matrícula tempo parcial (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso), alumnos SICUE/ERASMUS e dispensa académica: a avaliación dos talleres realizarase pola entrega dos exercicios expostos en cada taller na plataforma do campus virtual. A avaliación da solución de problemas será acordada co o alumno en duas posibles datas. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía. Alumnos con segunda oportunidade e segunda matrícula e posteriores (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso): A evaluación dos talleres e solución de problemas poderase manter da matrícula anterior. Tódolos alumnos terán que facer nalgunha convocatoria a solución de problemas e os talleres. Poderase subir a nota volvendo realizar os exercicios expostos nos talleres nesa matrícula. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía. Considerarase non presentado: aquel alumno que entregue menos do 50% dos exercicios expostos no taller e non asista ao exame final. |