Gravación e fotografía. Non se poderán gravar nin fotografar, nin as
clases, seminarios, talleres, exposición de traballos nin prácticas de
laboratorio salvo naqueles casos excepcionais nos que a docente outorgue a
súa autorización expresa e as persoas interesadas dean o seu consentimento. IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Para a realizarción das prácticas de laboratorio é un requisito
imprescindible acudir ás mesmas provistos de bata branca, lentes de protección, máscara,
bolígrafo, caderno e tesoiras multiusos. Na primeira clase do curso, estableceranse
os grupos de prácticas para configurar o cronograma e a relación de materiais
necesarios para estas prácticas de laboratorio, polo que é básico asistir a esa
primeira clase da materia. Para un mellor aproveitamento das prácticas
é recomendable que o alumno/a dispoña do seguinte instrumental: Mango de bisturí do nº 3 e follas de bisturí do nº 15, pinzas de disección s/d, mosquito s/d e porta-agullas. Obxectivos de desenvolvemento sostible:
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo
da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e
social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol". • A entrega dos traballos documentais que se
realicen nesta materia realizarase e entregaranse en formato dixital, sen
impresión nin emprego de plásticos. No caso de ser necesario a utilización de
papel a impresión será a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a
impresión de borradores. • Débese facer un uso sostible dos recursos e
a prevención de impactos negativos sobre o medio natural teniendo en conta a
importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade
nos comportamentos persoais e profesionais. • Facilitarase a plena
integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais,
experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida
universitaria. • Traballarase para
identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na
contorna para modificalo fomentando valores de respecto e igualdade. No caso de
detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas
para corrixilas. Plaxio: Na realización dos traballos da materia, o
plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel que se obtén a
través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo
iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese dar lugar
tras o correspondente procedemento. |