Gravación e fotografía. Non se poderán gravar nin
fotografar, nin as clases, seminarios, talleres, exposición de traballos nin
prácticas de laboratorio salvo naqueles casos excepcionais nos que a docente
outorgue  a súa autorización expresa e as persoas interesadas dean o
seu consentimento.
 IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO Para a
realizarción das prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible
acudir ás mesmas provistos de bata branca, lentes de protección, máscara,
bolígrafo, caderno e tesoiras multiusos. Na primeira clase do curso,
estableceranse os grupos de prácticas para configurar o cronograma e a
relación de materiais necesarios para estas prácticas de laboratorio, polo
que é básico asistir a esa primeira clase da materia.
 Para un mellor
aproveitamento das prácticas é recomendable que o alumno/a dispoña do
seguinte instrumental: Mango de bisturí do nº 3 e follas de bisturí do nº
15, pinzas de disección s/d, mosquito s/d e porta-agullas.
 Obxectivos de
desenvolvemento sostible: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata
sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación
saudable e sostible ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus
Ferrol".
 • A entrega dos traballos
documentais que se realicen nesta materia realizarase e entregaranse en
formato dixital, sen impresión nin emprego de plásticos. No caso de ser
necesario a utilización de papel a impresión será a dobre cara, empregando
papel reciclado e evitando a impresión de borradores.
 • Débese facer un uso sostible
dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
teniendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
• Facilitarase a plena integración do
alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais,
experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.
• Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para
modificalo fomentando valores de respecto e igualdade. No caso
de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse
medidas para corrixilas.
Plaxio: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel que se obtén a través de
internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do
seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen
prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese dar lugar tras o
correspondente procedemento.
|