OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: Para axudar a
acadar un contorno inmediato sostible e cumprir co obxectivo da acción número
5: "Ensinanza e investigación ambiental e social saudables e
sostibles" do "Plan de acción Green Campus Ferrol":
- A entrega dos traballos
documentais que se leven a cabo nesta materia farase a través de Moodle,
en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de facerse en
papel: non se utilizarán plásticos, farase a impresión a dobre cara,
empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible
dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural,
tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade no comportamento persoal e profesional.
RECOMENDACIÓNS DE IGUALDADE DE XÉNERO E NON DISCRIMINACIÓN: Dacordo coa
diferente normativa aplicable para o ensino universitario nesta materia terase
en conta a perspectiva de xénero, garantindo o non uso da linguaxe sexista na
aula, nos documentos elaborados sobre o tema. e nas actividades docentes realizadas
co alumnando.
- Traballarase para
identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula,
influíndo no ambiente para modificalos e promover valores de respecto e
igualdade.
- Prestarase especial atención
á detección de situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitará a plena
integración dos estudantes que, por razóns físicas, sensoriais, mentais ou
socioculturais, experimentan dificultades para un acceso adecuado, igual e
rendible á vida universitaria.
|