Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo Fin de Grao | Código | 750G02133 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | O alumno debe desenrolar baixo a tutela do seu tutor/es un traballo seguindo as especificacions do regulamento para a elaboración dos traballos de fin de grao na facultade de enfermería e Podoloxía. O traballo realizado deberá seguir o esquemas dunha das seguintes modalidades (https://www.udc.es/gl/fep/traballo_fin_grao/): - Revisión narrativa - Revisión sistemática - Estudo dun caso - Proposta de investigación - Traballo de investigación |
Presentación oral | Unha vez que o estudante obteña a autorización de defensa do traballo e unha calificación igual ou superior a 3,5 sobre por parte do seu titor, deberá solicitar a defensa do mesmo seguindo o regulamento do TFG da Facultade de Enfermaría e Podoloxía. Deberá de defender o traballo ante o tribunal asignado, seguindo o regulamento de TFG da Facultade de Enfermaría e Podoloxía (https://www.udc.es/gl/fep/traballo_fin_grao/). A defensa, que será presencial e pública, consistirá na exposición oral do traballo durante un tempo máximo de 10 minutos, en que se dará conta dos seus aspectos máis salientables. O alumnado poderá axudarse dos medios informáticos e audiovisuais que estime pertinentes. A exposición oral realizarase en galego ou castelán. Logo da exposición, os membros do tribunal poderán formular as preguntas e solicitar as aclaracións que consideren oportunas para poder xulgar a exposición e defensa, ás cales os alumnos deberán dar resposta. O tempo máximo establecido para esta defensa será de 15 minutos. |