Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polo docente e participación na discusión dos mesmos. |
Prácticas a través de TIC |
Utilización de software de contabilidade para a teneduría de libros e a preparación de estados financeiros, uso da folla de cálculo para o rexistro de transacción e a análise de estados financeiros e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo. |
Foro virtual |
Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado ca materia, fundamentalmente, para a resolución dos casos prácticos. |
Proba práctica |
Probas asociadas ao obradoiro e ás prácticas a través de TIC e deseñadas para avaliar o traballo do alumnado previo ás sesións e a comprensión dos problemas contables abordados durante as sesións. |