Descrición xeral |
Conceptos básicos. Avaliación da sustentabilidade ambiental, social e económica, e a súa aplicación á produción de enerxía eléctrica. Métodos de optimización en enxeñería, e a súa aplicación a sistemas enerxéticos sinxelos.
NOTA: esta materia xa non ten docencia, por tratarse dunha titulación en extinción, substituída polo novo #Máster en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade (MEES). Se a UDC permitise a estes alumnos seguir a docencia cos alumnos da mesma materia do MEES, e puxese todos os medios necesarios para iso, os alumnos poderán ter docencia, e a súa avaliación será do mesmo tipo que a dos seus compañeiros do MEXES. Noutro caso, ou no caso de que haxa alumnos que decidan non aproveitar a oportunidade comentada, a avaliación será mediante un exame final da materia, que poderá ser oral. |