Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os diferentes membros do grupo poden pedir unha titoria personalizada a través do correo electronico para ser atendidos preferiblemente o dia da clase maxistral ou despois da titoria de grupo moi reducido.

Así mesmo, se se ten algunha dúbida de material explicado en clase, pódese consultar co docente no seu despacho ou fixar outro momento para aclarar dúbidas e facilitar o seguimento do alumno.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.