Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A13 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C5 C7 C8 C9 Realización e presentación dun plan de negocio onde se vexan reflectidos todos os contidos abarcados no módulo. 100
 
Observacións avaliación

1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1. Cualificación de non presentado: cando o alumnado só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. A avaliación seguirá os mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.

1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección. 

 2. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. 

 3. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.

Implicacións do plaxio: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.