Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A9 A10 A15 A20 A23 A26 B2 B3 B4 C1 C3 Nos traballos tutelados avaliarase o traballo previo realizado de maneira autónoma polo alumnado e tamén o seguimento e a participación activa durante as entrevistas/tutorías previas á realización de cada práctica. 20
Prácticas de laboratorio A1 A4 A9 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A26 B2 B3 B4 C1 Levarase a cabo unha avaliación continua do traballo no laboratorio onde se terá en conta o interese e dedicación do alumno, a adecuada planificación e organización do traballo, o respecto ás normas de seguridade e a destreza alcanzada nas operacións de laboratorio. A cualificación desta parte incluirá a avaliación do caderno de laboratorio.

40
Proba mixta A1 A4 A9 A10 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B2 B3 B4 C1 Prográmase unha proba mixta, na que o alumno deberá explicar por escrito como levaría a cabo unha experiencia similar ás prácticas realizadas no laboratorio. A partir dos datos fornecidos no enunciado (descrición e cantidades dos materiais de partida e estrutura dos produtos a sintetizar) terá que: (1) realizar todos os cálculos necesarios, (2) propor procedementos experimentais adecuados para a preparación e purificación de compostos, (3) describir as montaxes requiridas e (4) propor mecanismos de reacción que permitan explicar os procesos implicados.
Para a correcta preparación da Proba mixta o alumno poderá repasar os traballos previos realizados de maneira autónoma e corrixidos durante as entrevistas/tutorías.
40
 
Observacións avaliación

A asistencia á sesión de
presentación, as prácticas de laboratorio, ás entrevistas e ao exame son
obrigatorias. Para superar a materia será necesario obter unha cualificación
media maior ou igual a 5 puntos sobre 10 e un rendemento mínimo do 30% en cada
unha das actividades. Os alumnos cuxo rendemento medio supere 4,5 puntos e que
non alcancen o rendemento mínimo nalgunha das actividades, serán avaliados como
"non aptos" e recibirán a cualificación de 4,5. Só outorgarase a
cualificación de "non presentado" aos alumnos que realizasen menos do
25% do total das actividades avaliables que se programan na guía docente.

As cualificacións obtidas nas entrevistas e nas prácticas de
laboratorio manteranse na segunda oportunidade de xullo de 2024. Na segunda
oportunidade, os estudantes que non superaren a avaliación continua do traballo
práctico no laboratorio deberán realizar un examen práctico no laboratorio. Os
estudantes que superaren a avaliación continua do traballo práctico no
laboratorio deberán realizar unha proba mixta escrita para establecer o 40% da
nota. De acordo coa normativa académica, os estudantes avaliados na
segunda oportunidade, só poderán optar a Matrícula de Honra se o número máximo
destas non se completou na primeira oportunidade.

Na convocatoria adiantada de decembro
aplicaranse os criterios de avaliación establecidos na guía docente do curso
2022-23.

O proceso de ensino e aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese
a un ano académico e comeza con cada ano académico, incluíndo todas as
actividades e procedementos de avaliación programados para ese curso. 

Os alumnos con dedicación a tempo parcial o dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados cos criterios expostos anteriormente. A realización das prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para superar a materia e facilitarase na medida do posible, dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. No caso de circunstancias excepcionais, objetivables e adecuadamente xustificadas, o profesor responsable podería eximir total ou parcialmente a algún estudante de concorrer ao proceso de avaliación continua das prácticas de laboratorio. O estudante que se atopase nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución dos coñecementos, habilidades e competencias propias da materia (correspondente ao 100% da cualificación) en unha das duas oportunidades.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación será
penalizada tendo en conta o establecido na normativa.