Materias que se recomenda ter cursado previamente
Microbioloxía/610G02015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Técnicas en Microbioloxía/610G02017
Microbioloxía e biotecnoloxía ambiental/610G02018

Observacións

As presentacións de clase que son facilitadas aos alumnos na plataforma virtual son unha guía para o estudo dos temas, e en ningún caso constitúen o contido total dos mesmos.


Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: 
a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 
b. De realizarse en papel: 
- Non se empregarán plásticos. 
- Realizaranse impresións a dobre cara. 
- Empregarase papel reciclado. 
- Evitarase a realización de borradores.