Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio As clases prácticas comprenderán unha base explicativa por parte do profesor sobre a base conceptual e obxectivos a acadar e o desenvolvemento de tarefas por parte do/a estudante, seguindo un guión subministrado previamente. Preténdese que o/a estudante teña a máxima autonomía, facilitándolle medios e orientación.
Proba mixta A proba mixta consistirá en preguntas de teoría e resolución de problemas.
Sesión maxistral Nas clases maxistrais o profesorado explicará os contidos fundamentais de cada tema do programa e sinalará as actividades asociadas a este. Estas incluirán a consulta de bibliografía, a resolución de boletíns de cuestións e problemas, ou a elaboración dun traballo individual ou grupal.