Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral do tema complementada con presentacions en Power Point, videos e/ou esquemas no encerado. Durante o desenvolvemento do tema vanse intercalar preguntas aos estudantes para que reflexionen sobre elas e as contesten oralmente, previamente á sua explicación polo profesor.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Realizaránse nos grupos moi reducidos establecidos polo centro. Incluirá a elaboración de materiais audiovisuais sobre o tema traballado
Proba mixta Constará de duas partes, nas cales vanse avaliar os coñecementos adquiridos, tanto teóricos coma prácticos. A proba mixta poderá incluir preguntas para desenvolver un aspecto da teoría, tipo test ou problemas
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.