Metodoloxías
Seminario
Prácticas de laboratorio
Descrición
Os seminarios e as prácticas de laboratorio están deseñadas como actividades en grupos reducidos nas que o alumnado participará activamente. Desta maneira, bríndase unha atención personalizada aos estudantes, permitindo un mellor seguimento e orientación da aprendizaxe.
Para todos os/as estudantes haberá titorías personalizadas enfocadas na adquisición de coñecementos básicos, a realización de problemas, o estudo de casos prácticos, a resolución de dúbidas e aclaracións. O horario de titorías especificarase ao comezo do curso.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica oficialmente recoñecidas será atendido en réxime de horas de titorías.