Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Levaranse a cabo tanto da parte de Instrumentación como de Robótica tradicionais. Poderanse realizar tanto con materiais reais como virtuais.
En Instrumentación, incluirase a visita a instalacións reais instrumentadas, para comprobar o funcionamento "in situ" de multiples aparellos.
En Robótica poderanse usar robots de prestacións limitadas en alcance e carga, pero de funcionalidade similar aos dun entorno de traballo real.
Portafolios do alumno Recollerá o conxunto de traballos realizados ao longo do curso, encargados polos docente, así como calquera outro material que a alumna ou o alumno considere de interese na súa formación ao longo do curso. Na medida do posible atoparase en soporte dixital.
Proba mixta Será a proba que se realizará na data de exame fixada pola Xunta de Facultade, para o correspondente curso académico. Os contidos propios da proba, así como no seu caso o material auxiliar co que pode contar o alumnado para a súa realización será indicado polos docentes de xeito previo á mesma.
Sesión maxistral Correspóndese coas sesións de docencia expositiva, será unha clase dirixida polo docente na que introducirá os coñecementos propios da materia; pero tamén na medida do posible buscará a participación do alumnado de xeito que a intervención dialogada, e apoiada nos medios dos que se dispoña na aula favoreza o proceso de ensino-aprendizaxe.