Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais presenciais de 50 minutos de duración destinadas a impartir os contidos teóricos da materia coa axuda de material audiovisual e recursos en liña.
Prácticas de laboratorio Clases prácticas nas que se identificarán os 230 grupos de simetría espacial con software específico, observarase con casos prácticos a relación entre a simetría e as propiedades magnéticas, dieléctricas e de actividades ópticas; empregáranse técnicas de cristalización para cristalizar unha macromolécula biolóxica e realizarase unha simulación de determinación da estructura dunha proteína mediante cristalografía de Raios X. Tamén se cristalizarán compostos orgánicos e inorgánicos e se determinará súa estrutura.
Obradoiro Estas sesións estarán dedicadas á resolución de problemas e cuestións por parte do alumnado, coa orientación do profesorado. Estes problemas facilitaranse secuenciados no tempo #de acordo con os contidos tratados nas sesións maxistrais. O traballo realizarase individualmente ou en grupos baixo a dirección do profesorado.
Proba mixta Esta actividade terá como obxectivo avaliar os coñecementos adquiridos por el alumno mediante unha proba escritura.
Actividades iniciais Sesión introdutoria a desenvolver o primeiro día de clase, na que se explicará o programa da materia, a metodoloxía, os criterios de avaliación, así como un calendario de cada unha das actividades previstas.