Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise crítica de casos reais. Serán actividades prácticas mediante o uso das tecnoloxías da información e da comunicación e follas de cálculo. Búscase a discusión en pequenos grupos dos contidos
Traballos tutelados Tarefas de duración media sobre temas ou cuestións específicas, relacionadas coa xestión da información e o tratamento de datos, dentro do ámbito de interese da materia
Solución de problemas 1. Elaboración, exposición e solución de exemplos prácticos que o alumno, en grupo ou individualmente, teña que realizar ao longo do curso.

2. Haberá exercicios e/ou lecturas a realizar polo alumno en horario non presencial ou de traballo autónomo. Nas seguintes horas presenciais farase o seguinte:
a) unha revisión dos exercicios nos que o alumno poida intervir nos termos descritos no punto 3 e b) das lecturas, abrirase o correspondente horario de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que o alumno plantexa sobre o contido das mesmas. .

3. O alumno pode intervir: a) por iniciativa propia, logo de pedir quenda de palabra; b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.
Sesión maxistral Presentación xeral dos temas de traballo, e coordinación do grupo