Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas I/611G01009

Materias que continúan o temario
Microeconomía e Mercados/611G01012
Teoría Microeconómica/611G01023

Observacións

Para preparar as probas utilizarase a bibliografía recomendada, así como o material entregado nas clases.

Aconséllase que se resolvan sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario.

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e  nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.