Metodoloxías
Proba oral
Descrición
Atención personalizada ao alumno para a resolución de dúbidas que poidan aparecer, non só na resolución de exercicios senón tamén en calquera outra fase do proceso de aprendizaxe.
A atención prestarase en horario de clase, en horario de titorías para grupos reducidos e no horario semanal de titorías individuais co profesor.
As titorías en grupo reducido, que se poderán impartir presencialmente e en liña, dividiranse en dúas sesións de dúas horas de duración, e está previsto que a súa programación se desenvolva ao redor das semanas 7 e 13 do cuadrimestre.
A atención personalizada ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia prestarase no horario semanal de titorías do profesorado. De ser necesario, ampliarase o horario anunciado, establecendo un horario de titorías específico para este colectivo.