Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A3 A8 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C2 C4 Probas mixtas durante o curso. 20
Obradoiro A3 A4 A7 A9 A11 A12 A13 B2 B3 B4 B8 C1 C2 C3 Valorarase a participación activa nos obradoiros. 10
Proba obxectiva A3 A4 A9 A11 A12 A13 B6 C6 C1 Exame final 70
 
Observacións avaliación
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 

1. Condicións de avaliación: Está
prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior ou almacenamento de información.

2. Identificación do estudante: O
estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

3. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
 

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:



1. Cualificación de non presentado:
Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación alcanzada.

2. Estudantes con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os
estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean
exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que aos alumnos a
tempo completo.



C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:



1. Primeira oportunidade: aplicaranse os
criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.



2. Segunda oportunidade: Os criterios de
avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Os puntos de avaliación continua (obradoiros e probas mixtas) pódense recuperar con traballos adicionais ou preguntas adicionais no exame.

3. Convocatoria adiantada: na
convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua
mediante preguntas adicionais á proba final.


D) OUTRAS OBSERVACIÓNS

- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.